venres, 10 de xuño de 2016

Da nosa Lingua, de boinas, concursos e moita moda…

No mes de outubro do 2015, o Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, puxo en marcha un concurso de fotografía que buscaba impulsar a lingua galega, empregando a boina como símbolo da necesidade de revitalizar as nosas tradicións.

Aquí naceu tamén Boina Galega, a primeira boina artesanal do século XXI foi a presentada por Sandra Vilas, feita con la de ovella merina feltrada a man con auga e xabón artesán.  

Con este proxecto e o lema “Modernízate, pon boina” xurdiron tamén outros como “Movemento Boiner” e “Boina Style”, que levaron esta iniciativa os diversos medios de comunicación con esta e outras actividades levadas a cabo polos rapaces do Camballón.


Nas dúas categorías do concurso: “Boina de Ouro” e “Boina da Simpatía” recolléronse as fotografías dos participantes e un xurado composto por Elena Ferro, a zoqueira de Merza, Celso, de Fotografía Bernabé, Olaia Vázquez, alumna da Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo, Vicente Amosa, María Seijo, e Séchu Sende, coordenador do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón, escolleu as fotografías de O Goris Cuinha como Boina de Ouro e o colectivo Galego en Londres do IE Cañada Blanch a Boina da Simpatía.
O agasallo que recibiron os premiados foron dúas Boinas Galegas bordadas, certificadas e numeradas, feitas pola artesá Sandra Vilas.

Ós mozos do  Clube da Língua do IES Marco do Camballón sumáronse os alumnos de Fotografía e Xoiaría da E.A.S.D. Mestre Mateo, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüistica da escola (Galteo),con outros proxectos complementarios a esta iniciativa.
Encargáronse do deseño de xoias para adornar as boinas, presentadas nun desfile na Escola Mestre Mateo, ademáis de facer unha serie de retratos de personaxes da escea cultural e social galega ataviados con boina e personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría. Estes retratos foron realizados polo alumnado de 2º do CS de Fotografía. E grazas á colaboración do Concello de Santiago, os retratos sairon á rúa e pódense ver estos días en Compostela en 20 mupis repartidos pola cidade.











Ningún comentario:

Publicar un comentario